Cookies

Noticias 

Novas actuacións de Inclusión Social

Entre o 1 de febreiro e o 4 de marzo levaremos a cabo un curso de LIMPEZA DE CRISTAIS E USO DE MAQUINARIA INDUSTRIAL.

28/01/2016

Entre o 1 de febreiro e o 4 de marzo levaremos a cabo un curso de LIMPEZA DE CRISTAIS E USO DE MAQUINARIA INDUSTRIAL.

A actividade terá unha duración de 110 horas, das cales 65 correspóndense con formación específica da especialidade, 30 horas con prácticas non laborais en empresas, 10 horas con novas tecnoloxías aplicadas á procura de emprego e 5 horas con formación para a igualdade.

Trátase dunha actuación que, do mesmo xeito que os Itinerarios Personalizados de Inclusión Sociolaboral, está subvencionada a través da Orde do 2 de xuño de 2015, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións plurianuais a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios de inclusión social. Cofinanciadas ambas as actuacións polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo FSE de Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 “Promover a inclusión social e loitar e loitar contra a pobreza en calquera forma de discriminación”, cunha taxa de cofinanciación do 80%.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > FORMACIÓN > Formación Ocupacional