Cookies

Noticias 

© FEI | 11/12/2015 | Elaborando madalenas e biscoitos

Servizo Solidario na Coruña

¿Comer o alimentarse?

14/12/2015 | A Coruña

O servizo solidario vinculado ao programa de formación- servizo, promovido pola Fundación Bancaria 'la Caixa', que se celebra na Coruña este ano, chamouse: Comer ou alimentarse? e organizouse en colaboración con Down Coruña e a Escola de Hostalería de SanJavier, querendo continuar a boa experiencia que con eles tívose en 2013.

Os alumnos do programa da Fundación Érguete-Integración e algúns usuarios de Down Coruña compartiron varias sesións de traballo co fin de sensibilizar sobre o coidado da saúde a través dunha alimentación saudable.

Con ese fin os participantes no programa organizaron un taller, que impartiron no local de Down Coruña, e elaboraron un folleto divulgativo coa información que alí se impartiu. Posteriormente coa axuda da Escola de Hostelería de San Javier cociñaron madalenas e biscoitos todos xuntos.

Por útlimo asistiron á Feira de Mostras, FEMAGA, que se celebrou en Coruña, onde o día 4 de decembro pola mañá repartiron entre o público que se achegaba un folleto e unha madalena ou anaco de biscoito gratuíto.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Reincorpora