Cookies

Noticias 

Sinatura de convenio coa Autoridade Portuaria de Vigo

18/02/2016 | Vigo

18 de febreiro de 2016. Esta mañá D. Enrique César López Veiga, Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, e Dª Carmen Avendaño Otero, Presidenta da Fundación Érguete-Integración, asinaron un convenio de colaboración para realizar as tarefas de limpeza e mantemento necesarias para a conservación e mellora tanto dos faros e balizas, como de xardinaría perimetral de Beiramar e dos espazos axardinados situados ao oeste do peirao de Transatlánticos. Este convenio ten unha duración anual, aínda que a colaboración entre ambas partes mantense desde o ano 2006.


As tarefas realizaraas a Empresa de Inserción Laboral Cormo Integral. S.L.U., constituída pola Fundación Érguete-Integración coa finalidade da integración socio profesional de persoas en situación ou risco de exclusión social, proporcionándolles unha ocupación como tránsito ao emprego ordinario

Arquivada en:
Transparencia > Responsabilidade social corporativa
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > E.I.L. Cormo Integral S.L.U.