Cookies

Reincorpora

Reincorpora
Traballamos para que as persoas privadas de liberdade volvan sentirse parte da sociedade

O Programa Reincorpora da Fundación Bancaria "la Caixa" ofrece ás persoas privadas de liberdade a oportunidade de construír un futuro diferente e plenamente integrado na sociedade a través de itinerarios personalizados. As persoas participantes melloran as súas habilidades e competencias, reforzando os valores que facilitarán o seu camiño cara á integración sociolaboral. É importante sinalar que todos os itinerarios parten dunha valoración inicial das capacidades, necesidades e dificultades de cada persoa que participa, para que desta forma, se realice unha intervención personalizada e integral. 

Estrutúrase en varias fases de intervención:

  1. Selección: elección das persoas que participarán no programa. Tendo en conta diferentes cuestións que abarcan desde a situación penal, ata a motivación polo cambio por parte da persoa privada de liberdade. 
  2. Posicionamento ante o emprego: actuacións dirixidas a acompañar ás persoas participantes no proceso de desenvolvemento persoal e profesional, traballando desde e para a persoa. Desenvólvense tanto accións individuais como grupais.
  3. Formación e prácticas profesionais non laborais: inclúe accións formativas destinadas a mellorar a cualificación da persoa participante (a través do Punto Formativo Incorpora), combinando formación en competencias transversais e clases teóricas, coa realización de prácticas non laborais na  empresa ordinaria, o que permite demostrar o aprendido na aula e achegarse ao mundo empresarial. Ademais, ao integrarse no mundo laboral tamén se fomenta a creación de novos vínculos con persoas alleas á institución, posibilitando así unha integración real. 
  4. Servizos á comunidade: consiste na preparación e realización, por parte da persoa participante, dun servizo solidario que responde ás necesidades da comunidade. Desta forma foméntanse valores de solidariedade, compañeirismo e desenvólvense habilidades sociais dentro da contorna. 
  5. Busca activa de emprego e inserción laboral: accións individuais e grupais de orientación sociolaboral. Estas actividades están destinadas a ensinar, apoiar e acompañar á persoa participante no proceso da procura activa de emprego e na integración e o mantemento do posto de traballo. Concrétase a través do Programa Incorpora.
  6. Adestramento en competencias: accións grupais onde se traballan contidos relacionados co desenvolvemento daquelas competencias persoais vinculadas ao ámbito laboral: autocontrol, autoconfianza, flexibilidade, capacidade de relación, traballo en equipo e iniciativa e toma de decisións.

 

Estas fases non necesariamente se desenvolven en todos os itinerarios e tampouco son consecutivas no tempo, senón que se solapan en virtude das necesidades de planificación e do propio participante. No caso da fase de selección, si ten lugar en todas as modalidades do programa. A existencia de diferentes modalidades do programa achega flexibilidade na intervención e axuda a que se realice da maneira máis individualizada posible:

  1. Itinerarios con capacitación: 6 meses de intervención en medio aberto no que se deriva á persoa participante a un punto formativo para, ao finalizar, traballar a procura de emprego.
  2. Itinerarios sen capacitación: 6 meses de intervención no medio aberto. Deséñanse itinerarios personalizados de inserción sen necesidade de capacitación técnica.

 


NUEVA METODOLOGÍA EPYCO
No ano 2019, o Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social “Carmela Arias e Díaz de Rábago” da Coruña foron seleccionados para implantar o programa  EPYCO (Programa de Inserción Sociolaboral de Adestramento Persoal e Competencial) impulsado por TPFE (Traballo Penal e Formación para o Emprego) en colaboración con Acción Contra a fame e a Obra Social “la Caixa” e FSE (Fondo Social Europeo).

Este programa é a consecuencia da continua avaliación e mellora das diferentes metodoloxías de Reincorpora. Nace co propósito de unificar todas as formas de intervención, mellorando a eficacia e eficiencia construíndose sobre a base da adaptabilidade, traballo personalizado e integral.


 

Son dous os eixos  vertebradores do programa, por unha banda, o adestramento en competencias e, por outro, a formación e orientación laboral.  A selección, deseño do itinerario personalizado de inserción, seguimento e avaliación das persoas participantes faise a través dun equipo multidisciplinar, formado por profesionais penais e persoal técnico do programa Reincorpora.

No 2022, esténdese o programa ao Centro Penal da Lama e o Centro de Inserción Social Carmen Avendaño de Vigo, onde se atopan en fase formativa e estanse formalizando os dous equipos de alto desempeño que inclúen ao persoal técnico Reincorpora.

 


 

Persoa responsable: Rosaura Romo Hernández
Email: itinere.coruna@gmail.com
Tlfn.: 664 493 960

Técnica Reincorpora A Coruña: Ana Súarez Pérez
Email: itinere.empleo@gmail.com

Técnica Reincorpora Vigo: Maite Pena
Email: itinere.tecnica@gmail.com

Técnica Reincorpora Vigo:Jénifer Dios
Email: tecnica.reincorpora@gmail.com