Cookies

Noticias 

O 27 % das persoas atendidas no Punto de Autoemprego Incorpora crearon o seu propio posto de traballo

Rematamos o ano 2023 cos obxectivos cumpridos

25/01/2024

Ao longo do 2023, 110 persoas foron atendidas e recibiron algún tipo de asesoramento do programa Punto de Autoemprego Incorpora. Delas, o 27 % crearon o seu propio posto de traballo e déronse de alta no réxime de persoas autónomas. Así mesmo, 16 persoas recibiron financiamento grazas ao convenio do programa Incorpora, promovido por Fundación “la Caixa” con Microbank.

O perfil maioritario das persoas que deciden emprender é o de homes -representando o 53% das empresas creadas-, con idades comprendidas entre os 30 e os 45 anos -67 %-.

En canto aos sectores nos que se sitúan os negocios abertos, atopámonos ámbitos tan dispares como a hostalería, tendas 24 horas, beleza e estética, pastelería creativa, albañilería e traballos de construción, carnicería, servizos de limpeza, centros de adestramento persoal, artes gráficas, actividades de transporte e quiosco, librería e papelería.
Respecto á consolidación das empresas creadas no 2022, o 65% continúan coa súa actividade.

O programa Punto de Autoemprego Incorpora ofrece ás persoas participantes asesoramento individualizado, formación e acompañamento en todo o proceso de estudo de viabilidade e posta en marcha das súas ideas de negocio. Ademais, facilítaselles o acceso ao financiamento necesario para o investimento inicial, mediante un acordo con Microbank.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Punto Autoemprego Incorpora