Usuarios/as
O perfil das persoas destinatarias das accións da entidade ten como base común a situación de exclusión ou risco de exclusión:
- A persoa en proceso de rehabilitación procedente dunha situación persoal e familiar en conflito coa contorna, de rexeitamento social, tal como adicción a todo tipo de drogas, o exercicio da prostitución, o cumprimento de penas privativas de liberdade, etc.
- Persoa con cargas familiares non compartidas, agravadas por outros factores ou carencias persoais ou familiares.
- A condición de inmigrante ou emigrante retornado.
- A condición de persoa sen fogar.
- A procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores.
- A condición de muller vítima de violencia de xénero que, polas súas circunstancias, implique especiais dificultades de integración laboral.
- A pertenza a determinadas minorías étnicas cando tal condición implique especiais problemas de integración laboral.
- A discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade mental, en graos que dificulten pero non imposibiliten a súa inserción laboral común.
- As persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA).
- As persoas desempregadas de longa duración.
A continuación móstranse os datos do ano 2023. Facendo clic nas gráficas veranse ampliadas.
PERSONAS USUARIAS
FUNDACIÓN ÉRGUETE-INTEGRACIÓN 2023
PERSOAS USUARIAS: % HOMES-MULLERES 2023
PERSOAS PARTICIPANTES SEGUNDO A ÁREA DE INTERVENCIÓN NO 2023
INSERCIÓNS LABORAIS NO 2023
Principais resultados derivados da nosa actividade formativa:
ACTIVIDADES FORMATIVAS DO 2023
Nivel de Satisfacción
O nivel de satisfacción alcanzado, polos nosos/as usuarios/as e alumnos/as, nos programas e cursos da Fundación no ano 2023, é o que mostran as seguintes gráficas. Desfavorable inclúe baixa e moi baixa satisfacción, Favorable inclúe alta e moi alta satisfacción (clic na imaxe para aumentala)
SATISFACCIÓN PROGRAMAS FUNDACIÓN 2023