Cookies

Noticias 

© Incorpora | 08/02/2016 | Galardonados nos Premios Incorpora Galicia 2015

Ser "Responsable" ten premio

Os Premios Incorpora Galicia recoñecen a empresarios que apostan pola integración laboral de colectivos vulnerables

20/01/2016 | Vigo

O Centro de Día Anduriña, Marodri, Urbaser e Convivir en Igualdade reciben os Premios Incorpora da Obra Social "la Caixa"

O director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou; a directora Xeral de Familia, Infancia e dinamización demográfica da Xunta de Galicia, María Amparo González; o director corporativo da área Social da Fundación "a Caixa", Marc Simón e o presidente de IGAXES3, entidade coordinadora grupo Incorpora Galicia, Luís Barreiro, entregaron os Premios Incorpora, dirixidos a empresas galegas comprometidas coa integración laboral de colectivos vulnerables.

Estes galardóns, creados no marco do programa Incorpora da entidade financeira, queren ser un recoñecemento ás empresas que integran as preocupacións sociais na súa estratexia, contribuíndo á creación dunha sociedade máis xusta e cohesionada.

Arquivada en:
Empresas > Responsabilidade Social Empresarial
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > PROGRAMAS > Incorpora