Aula informática para realizar busca activa de emprego por Internet e formación
Facilitámosche o uso de computadores e conexión a Internet, de forma gratuíta, para realizar procura de emprego a través de Internet e acceder a cursos de Informática de nivel usuario sen ningún custo pola túa banda, contando co apoio de profesionais que che axudarán en todo momento aínda que partas de coñecemento cero nesta materia.
CANDO PODES ACUDIR?
Está aberto todo o ano, de luns a venres en horario de mañá. Todolos primeiros de mes se publicará, nesta web, un calendario coas horas de Ciber e de Curso, tamén estará a túa disposición no propio local.
QUE PODES FACER AQUÍ?
Crear o teu Curriulum Vitae (CV) completo e claro
Crear unha conta de correo electrónico
Redactar carta de presentación axustada a cada oferta de traballo
Darte de alta en portais de emprego, empresas de traballo temporal e Asociacións Empresarais
Apuntarte como demandante de cursos de Informática
Realizar xestións telemáticas
Acceder a cursos, on line, que realices con otras entidades
QUE DOCUMENTACIÓN NECESITAS PARA FACER O TEU CV?
Diplomas e/o certificados de asistencia a cursos (si realizaches algún)